Monday, May 16

Día das Letras Galegas


Mañá vaise celebrar o Día das Letras Galegas e gustariame honrar a tódolos escritores galegos. Este ano adícase ó crítico e poeta Lorenzo Varela (1916-1978). Non sei moito acerca del polo tanto non direi nada, comprométome a ler algo.
Eu penso questa data desmereceu moito, converteuse nunha festividade, nun día de lecer moi lonxe do seu espíritu orixinal; e as veces adícase a escritores non quero dicir que non sexan importantes pero na maioría dos casos case descoñecidos ata esa data, creo que sería mellor a partires de agora adicarla a tódolos escritores galegos en xeral.
Por outra banda habería que incrementar a participación activa de ensinantes e estudantes con actividades que visen o coñecimento da cultura, da historia, da xeografía e sobre todo da exaltación da lingua e a literatura galegas.

0 comentarios: