Thursday, November 16

Muá, Muá

Muá, Muá é a traducción ó galego da obra de Roald Dahl, Kiss, kiss; o célebre autor de innumerables libros para nenos e guionista de varias películas moi coñecidas entre as que se encontra "Gremlins" de grande éxito comercial.
Sen embargo, este autor tamén escribiu magníficas historias para adultos, e unha proba disto é esta colección de once relatos que, simplemente, parecen escritos para entreter ó lector pero que presentan o tipo de narracción característica de Roald Dahl.
A acción desenrólase dun xeito aparentemente plano e, de súpeto, cunha frase o nun paragrafo descúbrese un novo elemento que nos obriga a cambiar por completo toda a interpretación da historia, e vai debuxando un camiño ambigüo que conduce á trampa, ó inesperado; é un maestro do chocante que desconcerta ó lector.
Así a forza destos relatos está, sobre todo, no seus argumentos. Os sucesos anúdanse maxistralmente, sen saltos. Tódolos elementos da historia cadran perfectamente e nos conducen a un final conmovedor. É capaz de manter a emoción e a intriga dende o principio ó final, o narrador destas historias ten unha mente un tanto morbosa e intenta deixarnos cun sorriso xeado nos beizos, que ó final sempre o logra.
Utiliza unha linguaxe moi precisa, exacta, capaz de imprimir a estas historias fantásticas un toque de veracidade por medio dunha linguaxe especializada nas diferentes materias que, ás veces, parece que está escribindo un tratado; é o caso dos interesantes datos de apicultura en "Xalea Real", os coñecementos médicos en "William e Mary" o estudio anatómico en "George Porgy", a longa lista de menús vexetarianos en "Porco" o as descricións de mobles antiguos en "O pracer dun crego".
As personaxes son creacións moi acertadas e manteñen a súa consistencia ata o final, ben trabados cunha grande matiz psicolóxica e descritos pormenorizadamente no seu físico, ás veces esaxerando algúns trazos, moitos deles recurrentes ó longo da historia: a boca, os andares, os ollos, o tono da voz, que cobran importancia nunha o noutra personaxe converténdose ás veces en claves simbólicas das historias, como a boca en "George Porgy" ou os ollos en "William e Mary".
Estas personaxes reflicten unha realidade social: a rutina da vida cotiá, a inexistente fronteira entre o tolo e o cordo, a ambición do poder, a falta de comunicación interpersoal, a necesidade de afecto, o odio soterrado polas frustracións, pero todas elas están dominadas por un narrador cínico e sarcástico que os leva perigosamente a unha fin que os ridiculza.
En canto ó tratamento da muller, nótase que é unha obra escrita nos años cincuenta; a esposa está sempre sometida ó marido que é o que toma todas as decisións e, ás veces coma un acto de condescendencia, permite á súa muller facer algo; claro que ó final as mulleres adoitan "vengarse" da opresión a que foron sometidas.

Este libro gustame porque os relatos manteñen o interese dende que comenza, e cunha grande dose de ironía, cinismo e humor cruel precipítanse a finais asombrosos. Estás desexando saber cál será o desenlace destas personaxes que, en moitas ocasións, acaban sendo "o burlador burlado", coma o marido que domina completamente a súa muller e dirixe tódolas súas accións, quere que incluso despois de morto siga a comportarse de acordo cos seus preceptos e deíxalle unha carta escrita coas súas normas: non gastes diñeiro, non fumes, non bebas cocteis, non pintes os beizos, non merques televisión, desconecta ó teléfono...
Cando, sete días despois de morrer, a muller descubre que o seu cerebro e o seu ollo se mantiveran vivos, o primeiro que fai ó ir a verlo é botarlle unha bocanada de fume do cigarrillo e quereo levar para casa para que vexa a televisión recén comprada e a súa forma de vida, agora que el non pode "desautorizar" nada.
Tamén o caso de clérigo que quiso enganar ós campesinos decíndolles que soamente lle interesaba as patas da cómoda de estilo que lles ía comprar. Ó final, cando foi recollela, marabillándose da obra de arte que adquirida a prwzo de ganga, encontrouse con que a troucearon para que poidera transportarla mellor.
Ou o caso de esposa infiel, o amante da cal lle regalara un abrigo de visón. Para disfrazar a súa procedencia, empeñouno e dixo ó marido que encontrara un recibo de empeño. Él foi a desempeñalo a deu á súa muller unha bufanda de visón, pero ésta, máis tarde descubriu a axudante do seu marido co abrigo.
Outro caso do marido que constantemente martirizaba psicoloxicamente a súa muller e ésta vaise de viaxe durante seis semanas sabendo que se quedara cerrado no ascensor e sen posibilidade de saír.

Son relatos crueis, de grande sufrimento, pero estas persoas non senten remordimentos e os lectores somos cómplices con eles, quedámonos estupefactos, cun sabor amargo, pero pensando que o tiñan ben merecido. Soamente falta a moralexa final o poderíase aplicar o dito "o que a fai, págaa"

0 comentarios: