Sunday, May 16

Uxío Novoneyra




O Día das Letras Galegas (17 de maio) exalta as letras e a lingua Galega. Comezou a celebrarse en 1963.



Este ano adícase a Uxío Novoneyra. Naceu en 1930 na aldea de Parada de Moreda, no Courel e finou en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999. O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.
Rematou o Bacharelato no 1948 en Lugo, e fixo algún curso de Filosofía e Letras en Madrid, onde comezou a escribir poemas en castelán. En 1952 comezou a escribir en galego, lingua que xa non deixaría nunca. Do 1953 ao 1962 estivo na montaña nativa, recobrándose dunha doenza pulmonar. En 1962 foi para Madrid de novo, e traballou na radio e na televisión. No 1966 regresou ao Courel, onde casou e tivo fillos. En 1983 afincouse definitivamente en Santiago. Foi, ata a súa morte, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Facsimile de "Abrojos"


En 1955 publicou "Os eidos", poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con "Os eidos 2". "Letanía de Galicia e outros poemas" (1974). En 1979 publicou "Poemas caligráficos", prologado e ilustrado por Reimundo Patiño. Os textos están vinculados á vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. A comezos da década de 1980 recompilou e depurou o seu ciclo courelán, publicando "Os eidos. Libro do Courel" (1981), que reeditou en varias ocasións. En 1983, afincado xa en Compostela, comezou unha recompilación temática da súa produción poética completa: "Muller pra lonxe" (1987), poemas paixonais e amorosos e "Do Courel a Compostela" 1956-1986, poemas políticos acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou "Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras", e en 1998 Betanzos: "Poema dos Caneiros e Estampas".

Nos seus textos, Novoneyra preocúpase sobretodo, pola forma poética e pola linguaxe. Formalmente, procuraba o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc). As poucas palabras que emprega pretenden evocar dun modo máxico o mundo no que o home esta inmerso, designando as cousas para que estas aparezan perante nós.

1 comentarios:

alfonso said...


Esta nueva aportación, que hoy nos regalas, tiene un gran interés para todos aquellos interesados en la cultura gallega.
Haces muy bien en tu labor divulgadora. Felicidades.

HHK

CR & LMA
________________________________